17/11/08

Máis Certames

Dende o pasado 4 de Novembro até o próximo 3 de Decembro a cidade compostelá convértese na capital do cinema indepentente nesta vixésimo segunda edición do Cineuropa. Durante este mes proxéctanse en Santiago un total de 250 filmes, entre curtametraxes e longametraxes, do mellor panorama cinematográfico internacional.



Aquí tedes o programa oficial, onde están organizadas as proxecións día a día!


5/11/08

Alternativas


Co motivo da posta en marcha das I Xornadas Antisgae, hoxe mércores día 5 no C.S. A Cova dos Ratos (Rúa Romil, Vigo) ao redor das 22.00, proxéctase o documental creative commons "Copyright 2.0" realizado por Daniel Muños e Ruth Ponce, aquí podedes ver o tráiler.