8/10/08

Plutón BRB Nero


Supoño que a esas alturas da xogada, certa parte de vós teredes visto/escoitado algo desta nova 'sitcom' de ciencia ficción española chamada Plutón BRB Nero

A serie está dirixida por Alex de la Iglesia (Acción Mutante, Mirindas Asesinas, El día de la Bestia, La Comunidad,...) e entre o equipo de guionistas conta, entre outros, con xente de La Hora Chanante. Con isto podédesvos facer unha pequena idea do que esas (de)mentes son capaces de crear: Ciborgs, Alieníxenas, Misións de locura noutras galaxias...


A acción transcorre no ano 2530 narra as aventuras dun grupo de marines durante a búsqueda dun planeta habitable para poder salvar á humanidade, xa que na Terra non hai sitio para máis poboación nin para construir máis vivendas.

Esta búsqueda realízana a bordo da nave Plutón B.R.B. Nero construida nos estaleiros de Badajoz polo armador Nero.

A misión conta có completo apoio de Maculay Culkin III, presidente dos Estados Unidos do Mundo...


Todos os mércores a iso das 23:30 emítese a través de La2 TV, hoxe o terceiro capítulo Un asunto embarazoso... asi que xa sabedes, sintonizando!


Saude!



No hay comentarios: