30/1/09

Formas, Texturas e Suciedade

A partires de mañá sábado, día 31 de Xaneiro, ate o 28 de Febreiro no Café UF (VIGO) poderedes ver a exposición fotográfica Disfrutando formas, textura y algo de suciedad do noso ben ponderado compañeiro Javi Hernández.



Podedes botar unha ollada ao seu traballo no Flickr

Saudos!

10/1/09

Vai un frío do carallo


¿Qué tal? Estamos de volta nun novo ano, no que agardamos entrar con moita máis enerxía e involucrarnos máis de cheo nos proxectos que xiran en torno á nosa asociación, así mesmo coa xente que presta a súa colaboración desinteresadamente
. Polo tanto, a medida que vaian saíndo datas no calendario vos iremos informando de diferentes actos...

Para comezar facemonos eco dunha noticia, creo, ben interesante para todos:

O Ministerio de Cultura, a través do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais (ICAA), abre tres liñas de axuda para o sector audiovisual:


Axudas á distribución de películas comunitarias (BOE do 5 de xaneiro), conservación de negativos e soportes orixinais (BOE do 6 de xaneiro) e produción de curtametraxes (BOE do 7 de xaneiro), son as tres liñas de axudas que acaba de convocar o Ministerio de Cultura. En total destinaranse seis millóns de euros a estes conceptos con cargo ao Fondo de Protección á Cinematografía.
O prazo de presentación de solicitudes nas tres liñas de axudas xa está aberto.
..


E como actividade cultural recomendada, o Grupo de Axitación Social e Asociación Caleidoskopio organizan, a exhibición de dous filmes("A Fala do Cacique", e "Mamanguá. De onde você é.") sobre os Guarani Mbyá, un dos derradeiros pobos indíxenas nómadas da Mata Atlántica, documentais que dan voz aos pobos indíxenas do Brasil.

Ao finalizar o pase dos filmes abrirase un debate cos seus autores:
Marcia Gomes de Oliveira e Norbert Suchanek
, ambos levan traballando cos pobos indíxenas do brasil e colaborando con ONGs dende finais dos anos 80.

A cita é este sábado, día 10 de Xaneiro, a partires das 20.30 no CSA A Cova dos Ratos (R/ Romil 3, Baixo).


Pronto teredes novas sobre unha posible premiere de "Para siempre", ata outra. Saude!