10/4/09

¿Cómo estamos?

Facemos unha breve entrada para comunicar que o traballo coa curtometraxe Para Siempre está rematado e pronto faremos a presentación nun local en Vigo e posteriormente será colgado na rede.

Unha vez máis gracias a todos os que prestates a vosa colaboración e desculpade polos retrasos, mais nos está resultando ben complicado xuntar a todo o personal e conseguir organizarnos

Saudos!

25/3/09

Voando

¿Qué tal?

Grazas ao compa Iago Vázquez da Asociación Xuvenil para o Estudo da Natureza temos o pracer de compatir con vos o seu novedoso documental "Volando. A lomos de halcones" o cal nos permite ver o mundo a auténtica vista de paxaro.

Tras un ano de traballo e incorporando as novas tecnoloxías de miniaturización de cámaras de video, podemos viaxar ás costas dun falcón, ver cómo defende o seu territorio, cómo persigue a súa presa , cómo caza... en resumo, cómo é a súa vida no seu estado natural, ¡voando!




Para máis información podedes visitar:



1/3/09

Zombie Weekend

¿Cómo vai iso camaradas?

Temos o pracer de vos anunciar que Catarsis voltamos á carga cun novo proxecto de grabación, trátase desta volta dunha curtametraxe homenaxe ao xénero Zombie.



A grabación levarase a cabo en Ferrol durante 3 días (venres, sábado e domingo), as datas anunciarémolas próximamente xa que estamos ultimando detalles para poder contar cun equipo tanto técnico como personal o máis profesional posible.

O equipo actoral estará formado por 6 personaxes principais, 2 personaxes secundarios e un grupo de extras. Polo de agora temos confirmada a presencia de María del Pilar Carrillo, Beatriz Serén e Jorge Gallardo Rodríguez.

Ao fronte do equipo de caracterización/maquillaxe, unha das "cabecillas" deste proxecto xunto ao noso Alberto Sánchez, está Cristina Esteiro Leira.

Estos días vos iremos facilitando máis información en torno a Zombie Weekend, para calquera dúbida ou colaboración podedes poñervos en contacto vía mail



Saudos e estade atentos a novas actualizacións!

13/2/09

Tí curtas na rede...

...con este nome deron a coñecer a nova e IV edición do concurso Curtas na Rede.

Para os que teñades pensado presentar algún traballo, estes deberán ter unha duración inferior a 5 minutos, así mesmo é de obriga realizalos durante o 2009 tendo como praza límite de entrega o 29 de outubro.

Nesta ocasión engádese unha nova categoría de premios, o premio ao mellor montaxe, sumando deste xeito un total de ata 26 disciplinas premiadas. Os traballos serán encadrados nas categorías de: Ficción, Documental, Experimental e Animación.

A través da propia páxina web do concurso poderanse xestionar e facer un seguimento completo dos traballos durante o seu proceso de realización. A parte do formato dixital será preciso enviar os traballos en formato físico (DVD) para a posterior publicación dunha memoria de todos eles en alta calidade.

Así que xa sabedes, a exprimir os miolos que tempo hai e de sobras!

30/1/09

Formas, Texturas e Suciedade

A partires de mañá sábado, día 31 de Xaneiro, ate o 28 de Febreiro no Café UF (VIGO) poderedes ver a exposición fotográfica Disfrutando formas, textura y algo de suciedad do noso ben ponderado compañeiro Javi Hernández.



Podedes botar unha ollada ao seu traballo no Flickr

Saudos!

10/1/09

Vai un frío do carallo


¿Qué tal? Estamos de volta nun novo ano, no que agardamos entrar con moita máis enerxía e involucrarnos máis de cheo nos proxectos que xiran en torno á nosa asociación, así mesmo coa xente que presta a súa colaboración desinteresadamente
. Polo tanto, a medida que vaian saíndo datas no calendario vos iremos informando de diferentes actos...

Para comezar facemonos eco dunha noticia, creo, ben interesante para todos:

O Ministerio de Cultura, a través do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais (ICAA), abre tres liñas de axuda para o sector audiovisual:


Axudas á distribución de películas comunitarias (BOE do 5 de xaneiro), conservación de negativos e soportes orixinais (BOE do 6 de xaneiro) e produción de curtametraxes (BOE do 7 de xaneiro), son as tres liñas de axudas que acaba de convocar o Ministerio de Cultura. En total destinaranse seis millóns de euros a estes conceptos con cargo ao Fondo de Protección á Cinematografía.
O prazo de presentación de solicitudes nas tres liñas de axudas xa está aberto.
..


E como actividade cultural recomendada, o Grupo de Axitación Social e Asociación Caleidoskopio organizan, a exhibición de dous filmes("A Fala do Cacique", e "Mamanguá. De onde você é.") sobre os Guarani Mbyá, un dos derradeiros pobos indíxenas nómadas da Mata Atlántica, documentais que dan voz aos pobos indíxenas do Brasil.

Ao finalizar o pase dos filmes abrirase un debate cos seus autores:
Marcia Gomes de Oliveira e Norbert Suchanek
, ambos levan traballando cos pobos indíxenas do brasil e colaborando con ONGs dende finais dos anos 80.

A cita é este sábado, día 10 de Xaneiro, a partires das 20.30 no CSA A Cova dos Ratos (R/ Romil 3, Baixo).


Pronto teredes novas sobre unha posible premiere de "Para siempre", ata outra. Saude!

21/12/08

Unha cola e uns flocos de millo señoritaaa!

A Axencia Audiovisual Galega ven de estrear un novo portal na rede, Flocos.TV, para a difusión dos traballos no eido audiovisual da nosa terra. A temática divídese entre Ficción, Animación, Documental e Experimental. O formato do portal é semellante a Vimeo, videos en panorámico e cunha resolución e compresión (permiten colgar traballos en calidade HD) bastante superiores ás que ofrece o xa archicoñecido e explotado Youtube. Cada obra vai acompañada por unha ficha técnica con toda a información necesaria como a sinopse argumental, equipo técnico, etc.



Unha proposta bastante interesante neste tempos que corren para promocionar e compartir os traballos de novos e antigos creadores que, coma nós, non dispoñen de medios suficientes como para costearse unha "campaña publicitaria"...

Así pois, deixamos un enlace permanente a este novo portal na sección de enlaces de interese!