25/10/08

¿Qué facer hoxe?



1. A partires das 18.30 o V certame Secuencia Cero no Museo Verbum ten programada a proxeción de 13 traballos entre curtas, documentais e videocreacións. Ao final desta última xornada e despois dunha actuación de maxia entregaránse os trofeos castaña aos mellores proxectos.

2. Noite de despedida no Manteca Jazz. Tras 5 anos de programación ininterrumpida a mítica sala de jazz pecha as súas portas ao público debido a problemas na infraestructura do edificio que o alberga. Esperan voltar á actividade en poucos meses, esta vez nun novo local na conocida zona de churruca... Así pois, dende as 00.30, última velada cunha gran jam session!



No hay comentarios: