Vai un frío do carallo
¿Qué tal? Estamos de volta nun novo ano, no que agardamos entrar con moita máis enerxía e involucrarnos máis de cheo nos proxectos que xiran en torno á nosa asociación, así mesmo coa xente que presta a súa colaboración desinteresadamente.
Polo tanto, a medida que vaian saíndo datas no calendario vos iremos informando de diferentes actos...
Para comezar facemonos eco dunha noticia, creo, ben interesante para todos:
O Ministerio de Cultura, a través do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais (ICAA), abre tres liñas de axuda para o sector audiovisual:
Axudas á distribución de películas comunitarias (BOE do 5 de xaneiro), conservación de negativos e soportes orixinais (BOE do 6 de xaneiro) e produción de curtametraxes (BOE do 7 de xaneiro), son as tres liñas de axudas que acaba de convocar o Ministerio de Cultura. En total destinaranse seis millóns de euros a estes conceptos con cargo ao Fondo de Protección á Cinematografía.
O prazo de presentación de solicitudes nas tres liñas de axudas xa está aberto...
E como actividade cultural recomendada, o Grupo de Axitación Social e Asociación Caleidoskopio organizan, a exhibición de dous filmes("A Fala do Cacique", e "Mamanguá. De onde você é.") sobre os Guarani Mbyá, un dos derradeiros pobos indíxenas nómadas da Mata Atlántica, documentais que dan voz aos pobos indíxenas do Brasil.
Ao finalizar o pase dos filmes abrirase un debate cos seus autores: Marcia Gomes de Oliveira e Norbert Suchanek,
ambos levan traballando cos pobos indíxenas do brasil e colaborando con ONGs dende finais dos anos 80.
A cita é este sábado, día 10 de Xaneiro, a partires das 20.30 no CSA A Cova dos Ratos (R/ Romil 3, Baixo).
Pronto teredes novas sobre unha posible premiere de "Para siempre",
ata outra. Saude!
No hay comentarios:
Publicar un comentario