21/12/08

Unha cola e uns flocos de millo señoritaaa!

A Axencia Audiovisual Galega ven de estrear un novo portal na rede, Flocos.TV, para a difusión dos traballos no eido audiovisual da nosa terra. A temática divídese entre Ficción, Animación, Documental e Experimental. O formato do portal é semellante a Vimeo, videos en panorámico e cunha resolución e compresión (permiten colgar traballos en calidade HD) bastante superiores ás que ofrece o xa archicoñecido e explotado Youtube. Cada obra vai acompañada por unha ficha técnica con toda a información necesaria como a sinopse argumental, equipo técnico, etc.



Unha proposta bastante interesante neste tempos que corren para promocionar e compartir os traballos de novos e antigos creadores que, coma nós, non dispoñen de medios suficientes como para costearse unha "campaña publicitaria"...

Así pois, deixamos un enlace permanente a este novo portal na sección de enlaces de interese!