7/12/08

Camorra


A cinta italiana Gomorra ven de proclamarse a gran triunfadora dos Premios do Cine Europeo despois de recibir o galardón de mellor película do ano 2008.

O seu realizador, Matteo Garrone, levouse o premio ao mellor director así como o de mellor guión. A cousa non quedou ahí xa que o seu protagonista,
Toni Servillo, era premiado como mellor actor principal. Así mesmo, Marco Onorato, recibiu o galardón especial Carlo di Palma á mellor dirección de fotografía.



Este drama sobre a mafia napolitana estivo rodeado de polémica dende antes da súa estrea xa que o seu escritor, Roberto Saviano, tivo que vivir baixo protección policial durante dous anos debido ás ameazas de morte por parte da camorra.

Os premios da Academia do Cine Europeo fundáronse en 1988 como alternativa aos Oscar de Hollywood (Los Ángeles, EEUU) e para difundir o cine no vello continente. O seu actual presidente é o director e guionista alemán Wim Wenders (El amigo americano, París Texas, Cielo sobre Berlín,...).

----------------------------------------------------------------------------------

Por outra banda, a asociación está realizando uns tráilers para participar na primeira edición do festival Teaserland. Como última hora: ¡¡¡ A organización de dito festival acaba de ampliar a data de recepción de traballos ata o día 28 de febreiro de 2009 !!!

Tamén retomamos o traballo coa curtametraxe Para Siempre despois dun pequeno parón por non dispoñer de tempo nas últimas datas. Agardamos rematalo o antes posible e dende aquí pedimos desculpas aos que estades agardando impacientemente por ver os resultados.


Saudos!!!

No hay comentarios: